domingo, 17 de febrero de 2019

As 3 R da ecoloxía

Pode parecer un título un pouco raro, pero veredes que ten unha explicación moi sinxela.





As " 3 R " da ecoloxía corresponden ás palabras reducir, reutilizar e reciclar. Tres pasos básicos que dan nome a unha proposta da organización non gubernamental GreenPeace  para diminuír a produción de residuos e contribuir á protección e conservación do medio ambiente.
Isto non é máis que unha filosofía de vida, un cambio nos nosos hábitos de consumo para que sexan más responsables e sostíbeis.


Calcúlase que en España cada persoa xenera 459 kilos de basura ao ano. Unha cifra que nos debe  facer reflexionar moi seriamente.


Reducir:

Reducir o consumo tanto de bens como de enerxía no noso fogar,  é a clave para axudar na conservación do noso planeta.

Debemos controlar a compra de alimentos e reducir a cantidade destes que acaban no lixo semanalmente. O número de envases,altísimo, tamén reflexa un consumo pouco sostible.
Mercar a granel, como se facía antigamente resulta moito máis responsable dentro das nosas posiblilidades,

 Non debemos abusar das calefaccións e os aires acondicionados, podemos cambiar as bombillas por unhas de baixo consumo , mercar electrodomésticos eficientes de clase A ou superior e desplazarnos en bicicleta ou transporte público.

Reutilizar:

Unha gran maioría dos obxetos poden transformarse para darlles unha segunda vida útil. Con isto reducimos un gran volumen de lixo e obtemos cousas únicas feitas por nós mesmos. Orixinales e prácticas.


Reciclar:

Según os datos de Ecoembes ,  España reciclou 1,3 millones de toneladas de envases durante 2016. Cada vez estamos máis concienciados coa reciclaje , sen embargo , esta é a R que máis nos costa porque aínda que é unha cousa positiva, reciclar segue a consumir enerxía e recursos polo que non é tan eficaz e eficiente como a todos nos gustaría.






Déixovos un vídeo explicativo moi completo

https://www.youtube.com/watch?v=IRp1mO3KWPQ


Fontes:

Imaxes

web




 Amplía información aquí http://www.redcicla.com/




Que pensades das "3R" ? Credes que son tan necesarias?





AXUDA A RECICLAXE A FREAR O QUENTAMENTO GLOBAL ?

Unha explicación, máis ou menos sinxela, do que é o quentamento global pode ser que a temperatura da Terra é máis alta do normal o que está a provocar moitos e graves problemas.
A causa é o aumento dos gases " malos " chamados vapor de auga,  dióxido de carbono,  metano,  óxido de nitróxeno e ozono por culpa da acción do home.




Sabedes que todos estes gases están implicados no chamado efecto invernadero? Sabedes o que é?

O efecto invernadero é un fenómeno natural que permite que no noso planeta haxa vida. A atmosfera captura algúns dos raios de sol que chegan á corteza terrestre,  para conseguir unha temperatura media de 15ºC. Se a atmosfera non atrapara estos raios , a temperatura media da Tierra sería de -18ºC.

A atmosfera está composta nun 99,93% por gases naturales, tales como o nitróxeno, o oxígeno e o argón , sen embargo, os que teñen maior incidencia neste efecto son ese gases que antes nomeábamos   .

Se a proporción de tódolos gases que compoñen a atmosfera fose correcta, non teriamos ningún problema, pero ao aumentar os " malos " , a atmosfera retén máis calor da necesaria provocando un aumento da temperatura global, o desxeo dos polos, desertificación, tormentas, inundacións...

As tres razóns principais do aumento destes gases son a queima de combustibles fósiles coma o petróleo, o carbón e o gas natural , a deforestación de bosques e destrución dos ecosistemas mariños e un aumento de poboación que cada vez consume máis recursos naturais.

Como podemos axudar nós a través da reciclaxe?

Gracias á reciclaxe , o mundo deixa de emitir 100 kilos de CO2 por persoa ao ano. Aforra enerxía, reduce a contaminación do aire e da agua, e conserva os recursos naturais.


Por poñer algún exemplo :

Coa reciclaxe dun só neumático :

- Deixan de emitirse á atmosfera 68 kilos de CO2.
- Pódese fabricar un metro cadrado de céspede artificial.
- Pódense fabricar 10 pares de chanclas.

Aforramos enerxía :

 -Reciclando unha soa botella de vidro aforramos a enerxía que consumiría unha bombilla de 100 vatios durante cuatro horas.

-Cada tonelada de papel reciclado supón un aforro de enerxía de 4100 KWH.

Xenerando menos residuos :

Reducimos gases , humos e polvos que contaminan o aire e o solo.

Ainda non estades convencidos totalmente?

Déixovos un video para que vexades con máis detalle todo isto do que vos falo.


https://www.youtube.com/watch?v=YLFLxQ0t07A








Fontes consultadas:

web
web
Imaxe
Imaxe


SABEMOS RECICLAR CORRECTAMENTE?

Hai un tempo que teño interese polo tema do reciclaxe e comecei a buscar información.
Penso que a estas alturas toda ou case toda a xente sabe para que se usan os diferentes contenedores que temos pola cidade, pero aínda que o pareza, reciclar correctamente non é tan sinxelo.






Sabemos que os contenedores están clasificados por cores:

-Verde escuro : residuos orgánicos : restos de comida.



-Azul (papel e cartón) :  periódicos, revistas, bolsas de papel , folletos dos supermecados e todo tipo de caixas de cartón.

Non debemos esquecer que neste contenedor os papeis e cartóns deben estar limpos, sen restos de ningún tipo.

-Amarelo (plásticos e latas)envases plásticos , botellas de PET, bolsas de plástico, envases de tetrabrik,  bandexas de corcho blanco, envoltorios ... latas de conservas, botes metálicos de alimentos, aerosoles valeiros, papel de aluminio...

-Verde ( iglú) vidro : botellas de bebidas (refrescos, zumos, cervexas, viño, auga ...) , frascos e tarros .

Aquí hai que ter especial coidado de non botar cristais, bombillas, espellos...






-Branco (envases con restos de medicamentos) : estes podémolos atopar nas farmacias, e se temos dúbidas do que podemos tirar neles , só temos que preguntar ao persoal das mesmas.






Quero deixarvos unha web que é moi completa e útil , este é o link :

https://www.ecoembes.com/es/ciudadanos/envases-y-proceso-reciclaje/como-reciclar-bien






E ti ,que? Reciclas ou pasas?