domingo, 17 de febrero de 2019

As 3 R da ecoloxía

Pode parecer un título un pouco raro, pero veredes que ten unha explicación moi sinxela.





As " 3 R " da ecoloxía corresponden ás palabras reducir, reutilizar e reciclar. Tres pasos básicos que dan nome a unha proposta da organización non gubernamental GreenPeace  para diminuír a produción de residuos e contribuir á protección e conservación do medio ambiente.
Isto non é máis que unha filosofía de vida, un cambio nos nosos hábitos de consumo para que sexan más responsables e sostíbeis.


Calcúlase que en España cada persoa xenera 459 kilos de basura ao ano. Unha cifra que nos debe  facer reflexionar moi seriamente.


Reducir:

Reducir o consumo tanto de bens como de enerxía no noso fogar,  é a clave para axudar na conservación do noso planeta.

Debemos controlar a compra de alimentos e reducir a cantidade destes que acaban no lixo semanalmente. O número de envases,altísimo, tamén reflexa un consumo pouco sostible.
Mercar a granel, como se facía antigamente resulta moito máis responsable dentro das nosas posiblilidades,

 Non debemos abusar das calefaccións e os aires acondicionados, podemos cambiar as bombillas por unhas de baixo consumo , mercar electrodomésticos eficientes de clase A ou superior e desplazarnos en bicicleta ou transporte público.

Reutilizar:

Unha gran maioría dos obxetos poden transformarse para darlles unha segunda vida útil. Con isto reducimos un gran volumen de lixo e obtemos cousas únicas feitas por nós mesmos. Orixinales e prácticas.


Reciclar:

Según os datos de Ecoembes ,  España reciclou 1,3 millones de toneladas de envases durante 2016. Cada vez estamos máis concienciados coa reciclaje , sen embargo , esta é a R que máis nos costa porque aínda que é unha cousa positiva, reciclar segue a consumir enerxía e recursos polo que non é tan eficaz e eficiente como a todos nos gustaría.






Déixovos un vídeo explicativo moi completo

https://www.youtube.com/watch?v=IRp1mO3KWPQ


Fontes:

Imaxes

web




 Amplía información aquí http://www.redcicla.com/




Que pensades das "3R" ? Credes que son tan necesarias?





No hay comentarios:

Publicar un comentario