domingo, 17 de febrero de 2019

AXUDA A RECICLAXE A FREAR O QUENTAMENTO GLOBAL ?

Unha explicación, máis ou menos sinxela, do que é o quentamento global pode ser que a temperatura da Terra é máis alta do normal o que está a provocar moitos e graves problemas.
A causa é o aumento dos gases " malos " chamados vapor de auga,  dióxido de carbono,  metano,  óxido de nitróxeno e ozono por culpa da acción do home.




Sabedes que todos estes gases están implicados no chamado efecto invernadero? Sabedes o que é?

O efecto invernadero é un fenómeno natural que permite que no noso planeta haxa vida. A atmosfera captura algúns dos raios de sol que chegan á corteza terrestre,  para conseguir unha temperatura media de 15ºC. Se a atmosfera non atrapara estos raios , a temperatura media da Tierra sería de -18ºC.

A atmosfera está composta nun 99,93% por gases naturales, tales como o nitróxeno, o oxígeno e o argón , sen embargo, os que teñen maior incidencia neste efecto son ese gases que antes nomeábamos   .

Se a proporción de tódolos gases que compoñen a atmosfera fose correcta, non teriamos ningún problema, pero ao aumentar os " malos " , a atmosfera retén máis calor da necesaria provocando un aumento da temperatura global, o desxeo dos polos, desertificación, tormentas, inundacións...

As tres razóns principais do aumento destes gases son a queima de combustibles fósiles coma o petróleo, o carbón e o gas natural , a deforestación de bosques e destrución dos ecosistemas mariños e un aumento de poboación que cada vez consume máis recursos naturais.

Como podemos axudar nós a través da reciclaxe?

Gracias á reciclaxe , o mundo deixa de emitir 100 kilos de CO2 por persoa ao ano. Aforra enerxía, reduce a contaminación do aire e da agua, e conserva os recursos naturais.


Por poñer algún exemplo :

Coa reciclaxe dun só neumático :

- Deixan de emitirse á atmosfera 68 kilos de CO2.
- Pódese fabricar un metro cadrado de céspede artificial.
- Pódense fabricar 10 pares de chanclas.

Aforramos enerxía :

 -Reciclando unha soa botella de vidro aforramos a enerxía que consumiría unha bombilla de 100 vatios durante cuatro horas.

-Cada tonelada de papel reciclado supón un aforro de enerxía de 4100 KWH.

Xenerando menos residuos :

Reducimos gases , humos e polvos que contaminan o aire e o solo.

Ainda non estades convencidos totalmente?

Déixovos un video para que vexades con máis detalle todo isto do que vos falo.


https://www.youtube.com/watch?v=YLFLxQ0t07A








Fontes consultadas:

web
web
Imaxe
Imaxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario